A CIG reclama un sistema socioeconómico máis xusto no Día do Traballo

    manifestacioncig_100_010508.jpgRIBEIRA > Arredor dun cento de persoas asistiu á concentración convocada pola CIG en Ribeira para conmemorar o Día do Traballo.

    {flowplayer}barbanza/manifestacioncig.flv{/flowplayer}

    Baixo o lema ‘Por un modelo socieconómico xusto e sustentable’ os manifestantes reivindicaron o fin dun sistema que acumula as riquezas en mas duns poucos empresarios a costa dos traballadores.

    Como en anos anteriores, Ribeira acolleu os actos centrais organizados pola delegación comarcal da CIG no Barbanza para celebrar o primeiro de maio. Preto dun centenar de afliliados e simpatizantes da organización sindical secundaron a protesta que percorreu as principais rúas da capital barbanzá dende o mercado municipal ata a praza do concello.

    Novo modelo socioeconómico

    O lema deste ano ten por obxectivo reivindicar un novo sistema socioeconómico, máis xusto, no que os traballadores perciban parte da riqueza que xeran. Lonxe disto, o panorama real amosa unha imaxe moito máis desoladora, con grandes empresas acumuladoras dos beneficios que non se traducen no incremento dos salarios dos traballadores.

    Precaridedade laboral

    Ademais deste problema coiuntural, a Confederación Intersindical Galega tamen pretende chamar a atención ante a precariedade laboral dos traballadores, especialmente nalgúns sectores como a hostalería e os servizos.

    Redacción Barbanza