Rianxo homenaxea ós seus mariñeiros falecidos na mar

    homenaxemar_100_010508.jpgRIANXO > O concello de Rianxo celebrou un acto co gallo do primeiro de maio, que consistiu en honra-la memoria dos mariñeiros falecidos no mar.

    {flowplayer}barbanza/homenaxemar.flv{/flowplayer}

    A xornada iniciouse ó mediodía na capela de San Bartolomeu onde se oficiou unha misa cantada polo coro Santa Columba.

    O executivo rianxeiro vén celebrando este acto en homenaxe ás xentes do mar ininterrompidamente dende hai xa varios anos. Con el preténdese render memoria ás persoas que perderon a vida no mar, moitas das cales os seus corpos aínda hoxe non foron recuperados. E resulta que o mar tenlle moito que dicir a esta vila, onde boa parte dos seus habitantes dependen dun ou doutro xeito del.

    A misa estivo oficiada polo cura párroco, Fernando Palleiro, e nela participou tamén o coro Santa Columba que interpretou varias pezas musicais durante a cerimonia relixiosa. Na celebración participaron un bo número de rianxeiros e rianxeiras, que se achegaron ata a zona portuaria para asistir ó oficio relixioso que rematou como non podía ser doutro xeito coa interpretación conxunta da salve mariñeira.

    Ofrenda floral

    Unha vez rematada a misa tivo lugar unha ofrenda floral na que participaron entre outras autoridades, o propio rexedor rianxeiro, Pedro Piñeiro e boa parte da corporación municipal, así como tamén o patrón maior, Baltasar Rodríguez Alcalde.

    Redacción Barbanza