Canal Rías Baixas

O Vilagarcía de Platú 25 revalida título nacional en Palma

SALNÉS > Fin de semana completa en canto a deportes náuticos se refire. O Vilagarcía de Platú 25 proclamouse campión de España da categoría en augas da Bahía de Palma. En Remo, Mecos levouse as dúas bandeiras na regata Concello de O Grove.

O Vilagarcía, do Liceo Casino, patroneado por Antón Paz, revalidou esta fin de semana o título nacional acadado o ano pasado en Denia e desta volta superaron a tódolos seus rivais na bahía de Palma.

Unha vez máis amosaron se-los mellores nesta modalidade de vela, demostrando sobre todo unha gran regularidade en tódalas regatas.

Agás na terceira e na quinta, na que remataron nos postos duodécimo e vixesimoséptimo, nas sete restantes sempre estiveron entre os mellores alzándose con triunfo en tres delas, incluindo as dúas do último día que lles permitiron ser campións.

Unha vez máis a experiencia de Antón e o bo facer de todo o equipo vilagarcián, permite a este xoven quintento traer á casa o cetro nacional. Ademais, dende o Liceo preténdese que o vindeiro ano o Campionato de España celébrese en augas do Porto de Vilagarcía, polo que poderían defende-lo título a próxima temporada exercendo como anfitrións.

No remo, Mecos adxudicouse as dúas bandeiras Concello do Grove, despois de impoñerse en féminas e xuvenís. A embarcación de Chapela levouse unha victoria en senior que repetiría o día seguinte en Cesantes. Alí, a tripulación xuvenil de Vilaxóan impúxose á traineriña de Mecos por tan só un segundo devolvéndolle-la moeda da anterior regata. Tampouco as mulleres de Mecos pudieron repetir victoria e remataron segundas superadas por Chapela.

Redacción Salnés

Exit mobile version