CC.OO pide que os traballadores entren nas negociacións sobre Ence

    ence100_080508.jpgPONTEVEDRA > CC.OO e PP criticaron hoxe ó alcalde de Pontevedra por querer recorrer a concesión da Autorización Ambiental Integrada a Ence-Elnosa.

    {flowplayer}images/salnes/ccoo_pp_ence.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > A decisión do alcalde de Pontevedra de recorrer a concesión da Autorización Ambiental Integrada concedida a Ence-Elnosa centrou hoxe as roldas de prensa de CC.OO e PP. O sindicato pide máis responsabilidade ós políticos e, sobre todo, que se teña en conta ós traballadores.

    A concesión da Autorización Ambiental Integrada a Ence e Elnosa segue traendo cola. Comisións Obreiras aproveitou hoxe este asunto para arremeter contra o alcalde de Pontevedra, quen anunciou que vai recorrer esta decisión da Consellería de Medio Ambiente. Para o sindicato está claro que se Ence e Elnosa teñen a autorización ambiental é porque cumpren coa normativa.

    En canto ó futuro da empresa, Comisións convida ós diferentes partidos a definir explicitamente a súa postura. O sindicato está preocupado polos despidos que está a haber en empresas do grupo ENCE, que ascenden xa a 43. Comisión tamén arremeteu contra o presidente da Xunta por non convocar aínda a mesa de concertación prometida hai tres anos. Ve con recelo tamén as supostas negociacións que mantén o goberno autonómico coa dirección da empresa. O sindicato quere que se teña en conta tamén ós traballadores. Consultará con eles e non descarta convocar novas mobilizacións de protesta.

    Sobre Ence tamén falou esta mañá o grupo municipal do PP de Pontevedra. Jacobo Moreira entende que Ence recibiu a Autorización Ambiental Integrada porque cumpre coa normativa. Por iso non entenden a presencia do alcalde e da tenente de alcalde na manifestación convocada pola Asociación en Defensa da Ría o pasado 23 de abril.

    Para os populares hai unha clara descoordinación entre BNG e PSOE, tanto na Xunta como no Concello, e cre que ninguén traballa para que Ence saia da ría. O PP afirman que eles si traballan nunha alternativa para Ence e que a presentarán antes de final de ano.

    Redacción Salnés