POBRA > A proposta foi respaldada en sesión plenaria polos tres grupos con representación na corporación municipal: PP, BNG e PSOE.
{flowplayer}barbanza/plenoac305.flv{/flowplayer}
O concello da Pobra do Caramiñal celebrou onte pola noite unha sesión plenaria con carácter extraordinario durante a cal se analizou a problemática suscitada na localidade a raíz do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada AC-305. Os tres grupos políticos con representación municipal aprobaron por unanimidade un acordo no que lle solicitan a Política Territorial a paralización inmediata desta actuación e se inicien os contactos co concello e cos propios veciños afectados para tratar de consensuar un novo proxecto, máis acorde cos necesidades reais do municipio.
Total rexeitamento
A repercusión do conflito xerado na Pobra do Caramiñal, fundamentalmente entre os veciños afectados, unha vez se deu a coñece-lo proxecto de mellora da seguridade vial na estrada AC-305 ó seu paso pola localidade previsto pola Consellería de Política Territorial, foi a principal razón que levou ó executivo a convocar este pleno extraordinario con este único punto dentro da orde do día. Despois de moito tempo, os tres grupos políticos con representación municipal: PP, BNG e PSOE volvían coincidir e, por unanimidade, aprobaron un acordo plenario que lle será remitido ó departamento que dirixe María Xosé Caride no que lle solicitan a paralización inmediata desta actuación e se inicien os contactos co concello e cos propios veciños afectados para tratar de consensuar un novo proxecto.
Solicitude entrevista
Tra-la celebración do pleno de onte acordouse tamén solicitar unha entrevista coa propia Conselleira de Política Territorial á que asistirían unha representación de tódolos grupos políticos que conforman a corporación municipal.
Redacción Barbanza