BOIRO > Nas últimas fins de semana estanse a producir determinadas agresións e actos de gamberrismo.
{flowplayer}barbanza/altercadosmovida.flv{/flowplayer}
Os altercados nas noites de movida en Boiro, prodúcense na mesma zona, na rúa Principal, nas proximidades dunha discoteca alí existente e na maioría dos casos trátase de liortas e pelexas entre mozos. Os protagonistas, soen ser tamén os mesmos, menores de idade, polo regular en pandillas, ós que as forzas da orde teñen moi ben identificados.
O executivo boirés non quere que estes feitos se convirtan nunha tónica habitual da movida boiresa, que en liñas xerais discorre por cauces totalmente normais.
Xunta Local Seguridade
O vindeiro día 27 de maio está convocada unha xunta local de seguridade, á que ademais das autoridades locais e as forzas da orde, ten previsto acudi-lo Subdelegado do Goberno na Coruña, na que está previsto analizar tódolos factores que chegan a provocar estes feitos.
Redacción Barbanza