Preocupación no executivo boirés polo aumento das agresións na movida

    altercadosmovida_100_130508.jpgBOIRO > Nas últimas fins de semana estanse a producir determinadas agresións e actos de gamberrismo.

    {flowplayer}barbanza/altercadosmovida.flv{/flowplayer}

    Os altercados nas noites de movida en Boiro, prodúcense na mesma zona, na rúa Principal, nas proximidades dunha discoteca alí existente e na maioría dos casos trátase de liortas e pelexas entre mozos. Os protagonistas, soen ser tamén os mesmos, menores de idade, polo regular en pandillas, ós que as forzas da orde teñen moi ben identificados.

    O executivo boirés non quere que estes feitos se convirtan nunha tónica habitual da movida boiresa, que en liñas xerais discorre por cauces totalmente normais.

    Xunta Local Seguridade

    O vindeiro día 27 de maio está convocada unha xunta local de seguridade, á que ademais das autoridades locais e as forzas da orde, ten previsto acudi-lo Subdelegado do Goberno na Coruña, na que está previsto analizar tódolos factores que chegan a provocar estes feitos.

    Redacción Barbanza