Os Charlíns pagarán 500.000 euros para recuperar parte do seu patrimonio

    subasta_charpo100_280508.jpgPONTEVEDRA > As ex traballadoras de Charpo recuperarán case medio millón de euros das indemnizacións por despido que lles deben os Charlíns.

    {flowplayer}images/salnes/SUBASTA_CHARPO.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Satisfeitas. Así volveron hoxe de Pontevedra as ex traballadoras da conserveira Charpo, propiedade dos Charlíns. Esta mañá, o Xulgado do Social número 3 sacou a subhasta varias propiedades do clan vilanovés para sufragar parte das indemnizacións endebedadas ás empregadas despedidas da conserveira Charpo, situada en Vilanova.

    Hoxe subhastáronse propiedades de Sochar, outra empresa intervida pola Audiencia Nacional ós Charlíns. En total foron 29 fincas e un muro de peche que rodea esta depuradora, situada na Illa de Arousa, incluída tamén na poxa, ademais de dúas fincas no Terrón. Algunhas son propiedade do patriarca, Manuel Charlín Gama, actualmente en prisión por narcotráfico, e outras figuran a nome dunha das súas fillas, María Teresa Charlín Pomares, presente na sala xunto con dous irmáns e a súa filla. Todo saíu a subhasta por un prezo inicial de 342.785 euros.

    Tralas poxas feitas polos Charlíns e pola avogada das traballadoras, finalmente o clan recuperou as propiedades por case 500.000 euros. Pero inda queda millón e medio de euros pendente para pagar ás despedidas. A avogada espera que a Audiencia libere máis capital do grupo. Os Charlíns teñen agora un prazo de 20 días para abonar os cartos e recuperar as propiedades subhastadas hoxe. Avogada e ex traballadoras confían en que reunirán ese diñeiro.

    Son case 70 as traballadoras despedidas en Charpo, diso hai nove anos, pero a loita remóntase a 18 anos atrás. Hoxe ó xulgado as que acudiron botaron de menos a algunhas compañeiras. E é que, despois de tanto tempo, aínda teñen o medo no corpo. 

    Redacción Salnés