Canal Rías Baixas

Choiva, penaltis e moitos libros na Illa de Arousa

A ILLA > Os rapaces da Illa de Arousa foron protagonistas por un día xa que recibiron onte á tarde unha visita moi especial, a dos porteiros do Celta de Vigo Esteban e Sergio. Ambos quixeron estar cos nenos no día no que se celebraba o acto central da campaña “Un gol por un libro”.

Un gol por un libro, e aínda que se tirase fóra, tamén se levaban un libro. O Concello da Illa, xunto coa Consellería de Cultura, Céltiga e Real Club Celta Vigo ocorríuselles esta estupenda idea que une cultura e deporte.

O que se pretende é que os rapaces habitúense a ler e que mellor xeito de facelo que recibindo un libro de mans dos que son seus ídolos. Por iso estiveron hoxe con eles Esteban e o catoirés Sergio, ambos gardamallas do club celeste; tamén se deixou ver un ex-celtiña, Vlado Gudelj. Os rapaces pasárono en grande intentando marcar penaltis, pese a chuvia que fixo acto de presencia nada máis comezar o acto no Salvador Otero.

Esta iniciativa ten a súa prologanción nas aulas, xa que nas últimas semanas os rapaces participaron nun concurso de redacción, relacionado tamén co mundo do fútbol. Que tomen boa nota os pais.

Redacción Salnés

Exit mobile version