A flota de Ribeira manterá o paro indefinido en protesta pola suba do gasoil

    manifestacionflotaribeira100_050608_copy.jpgRIBEIRA > A flota pesqueira continúa amarrada en protesta pola escasa rendibilidade da actividade, motivada pola suba do prezo dos combustibles

    {flowplayer}barbanza/manifestacionflotaribeira.flv{/flowplayer}

    RIBEIRA > A flota pesqueira continúa amarrada en protesta pola escasa rendibilidade da actividade, motivada pola suba do prezo dos combustibles e a baixada do peixe. Esta mañá, embarcacións de tódalas artes secundaron unha manifestación no porto, na que, cunha sonora pitada, reivindicaron a adopción de axudas indirectas por parte da administración.

    A pesar de que toda a flota de Ribeira permanece amarrada e as instalacións da lonxa continúan pechadas, o porto da vila rexistrou esta mañá unha intensa actividade. Ducias de embarcacións concentráronse nas augas da dársena ribeiresa en protesta pola crise que atravesa o sector.

    A través dunha pitada, acompañada de pancartas alusivas á política pesqueira do goberno, os armadores e tripulantes das embarcacións quixeron chamar a atención sobre as causas que están a provocar a perda de rendibilidade da actividade pesqueira: a suba do combustible e a baixada do peixe. Unha baixada que só se mantén en orixe posto que os produtos encarécense chegando ó consumidor cun prezo moito máis elevado, o que limita a súa saída no mercado. Tamén se queixan os produtores da entrada de produto foráneo que contribúe a baixar aínda máis os prezos.

    Plan de viabilidade

    O obxectivo destas protestas e do paro indefinido convocado polo sector é conquerir unha serie de axudas indirectas ó combustible, que o sector xa lle fixo chegar á administración a través do seu plan de viabilidade.

    Mentres a administración non estude as súas propostas, o colectivo pesqueiro ten previsto seguir adiante co paro de forma indefinida. Para a próxima semana está prevista unha reunión da federación galega de confrarías na que se decidirán as novas medidas de presión a adoptar.

    Redacción Barbanza