O comercio local de Ribadumia sóbese ó carro das novas tecnoloxías

    web_ribadumia100_170608.jpgRIBADUMIA > O comercio local sóbese ó carro das novas tecnoloxías coa creación dunha páxina web. Onte presentouna ós seus asociados.

    RIBADUMIA > A Asociación de Comerciantes de Ribadumia presentou onte a súa nova páxina web, www.comercioribadumia.es. A través desta iniciativa o pequeno comercio pretende ofrecer un maior e mellor servicio ós seus clientes. As persoas que consulten esta web poderán encontrarse, entre outras cousas, con diferentes novas relacionadas co concello, ou comprobar as campañas de promoción que está a levar a cabo a asociación.

    Na web tamén figura un rueiro no que localizar tódolos establecementos asociados, que contarán ademais cun espazo concreto e personalizado para cada un. Os técnicos afirman que será unha páxina operativa e fácil de actualizar pola directiva e polos propios socios, que poderán consultar tamén contidos exclusivos da asociación.

    Redacción Salnés