Unha Feira Medieval para recuperar o esplendor de Pontearnelas

feira_medieval100_190608.jpgVILANOVA > A I Feira Medieval de Pontearnelas busca devolverlle o esplendor á principal zona de tránsito de mercaderes e artesáns.

{flowplayer}images/salnes/feira_medieval_pontearnelas.flv{/flowplayer}

VILANOVA > A Ponte dos Padriños de Pontearnelas serviu hoxe de escenario para a presentación do programa da I Feira Medieval que organizan a Deputación de Pontevedra e os concellos de Cambados, Vilanova e Ribadumia. Logo de diversas actuacións neste entorno, as institucións buscan devolverlle o esplendor que tivo no medievo Pontearnelas, cando era paso obrigado de mercancías entre o interior da provincia e a costa.

Serán dous días, o 25 e o 26 de xullo, repletos de actividades: obradoiros de mercaderes, artesáns, espectáculos de cetrería, tiro con arco, ou malabares. Destacan actuacións como a do grupo Martín Códax, referente na música medieval, a da asociación Duos Pontes, de danza medieval ou a Escola de Interpretación ValleInnova, que porá en escena o rito dos padriños.

Ademais, para os máis pequenos haberá contacontos, maxia, xogos tradicionais e talleres onde aprenderán a maneira de traballar dos sectores gremiais da comarca nese período. Co programa pechado, as institucións farán agora promoción da feira por toda España.

Redacción Salnés