Afectados da tarifa nocturna concentraranse o venres en Pontevedra

    tarifa_nocturna100_200608.jpgCAMBADOS > Afectados pola Supresión da Tarifa Nocturna celebrará o venres 27 en Pontevedra unha concentración.

    {flowplayer}images/salnes/plataforma_tarifa_nocturna.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > A moratoria proposta polo Ministerio de Industria para a entrada en vigor do Real Decreto de supresión da tarifa nocturna atinxe só ás eléctricas e non ós usuarios. Así o cre a Plataforma Galega de Afectados, que urxe ós usuarios que vaian actualizando canto antes a potencia eléctrica dos seus fogares. A plataforma de afectados denuncia a escasa información que ofrece o Ministerio de Industria ós usuarios de tarifa nocturna. Segundo constataron nas reunións que celebraron en diversas puntos de Galicia, hai moita xente que pensa incluso que non lle serven os acumuladores para a calefacción.

    Vendo que o 1 de xullo está á volta da esquina e que non se para a supresión da tarifa nocturna, a plataforma decidiu convocar unha concentración en Pontevedra o vindeiro venres, ás nove da noite. Polo de pronto, os afectados teñen da súa parte á maioría do Senado. A Comisión de Industria aprobou onte, só cos votos do PSOE en contra, unha moción do BNG na que se pide ó Goberno que manteña esta tarifa. O vindeiro luns reunirase o Consello Consultivo de Enerxía e a plataforma espera que saian adiante algunhas das súas propostas, como establecer unha tarifa de corrente económica durante a fin de semana.

    Redacción Salnés