O Concello compra un piano de cola para o auditorio da Xuventude

piano100_200608.jpgCAMBADOS > O Concello está a dotar de novas infraestructuras ó auditorio da Xuventude. A última adquisición é un piano de cola.

{flowplayer}images/salnes/piano_cambados.flv{/flowplayer}

CAMBADOS > O Concello de Cambados acaba de adquirir un piano de cola para o Conservatorio Municipal e a Escola de Música. É a nova estrela do auditorio da Xuventude e polo tanto estará moi presente na programación que deseñe a concellería de Cultura a partir de agora. Pero non será a única novidade para este edificio. O telón, a caixa negra, o coro infantil e mesmo uha escola de teatro figuran nos plans do Concello.

O piano custoulles 19.000 euros e será empregado tamén polo recen creado Coro Infantil, dirixido por Marco Lucato. Con pouco máis dun mes de vida xa ten máis de sesenta alumnos. Os alumnos do Conservatorio están xa celebrando o fin de curso. O martes e o mércores que vén celebrarán os últimos concertos dentro da Semana Musical.

Redacción Salnés