A Pobra ratifica a calidade das súas praias con tres bandeiras azuis

    bandeiraazulcabio_100_260608.jpgPOBRA > Isaac Maceiras presidiu o acto de izado das bandeiras azuis nos tres areais ós que lle foi concedido este ano o distintivo: a Illa, a Barca e Cabío.

    {flowplayer}barbanza/bandeiraazulcabio.flv{/flowplayer}

    Outro ano máis en tres areais do concello pobrés ondeará este verán o distintivo de bandeira azul que garante a limpeza dos areais e a seguridade das súas augas, un recoñecido premio concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC.

    Trátase das praias da Illa, que recibe este distintivo por cuarta vez, a da Barca, que volve a repetir por segundo ano consecutivo despois da construción dun fermoso paseo marítimo entre Punta Mosquetón e Punta Cabío, e a emblemática de Lombiña-Cabío, o primeiro areal da beira norte da ría de Arousa en logra-la bandeira azul no ano 1.988. Foi esta unha das razóns principais que levou ó executivo a escoller este areal para face-lo izado oficial das bandeiras, nun acto que congregou a un nutrido grupo de veciños.

    Na súa intervención o alcalde pobrés aludiu a que o distintivo de bandeira azul representa un atractivo engadido para o turismo e que da conta do bo estado no que se atopan as praias do municipio.

    Calidade das augas

    O alcalde fixo referencia tamén ós informes da Dirección Xeral de Saúde Pública pertencente á Consellería de Sanidade, organismo encargado de velar pola calidade das augas nas zonas de baño de Galicia, nos que se sinala que a totalidade das praias deste municipio obtiveron unha cualificación final de 2, que indica que é apta para o baño cunha calidade moi boa. Segundo el tódalos areais do concello atópanse xa acondicionados para o seu uso, así como os accesos ás mesmas.

    Socorrismo e limpeza

    Respecto ó servizo de socorristas, o edil de servizos, Andrés Millaán, informou que estará operativo dende hoxe mesmo con 10 socorristas ata finais de verán, con todo o material axeitado para o seu traballo. Ademais apuntou que as praias do municipio contan con recollida selectiva de lixo.

    Redacción Barbanza