Cabello e Lago, novos campións de España en Clase Vaurien

vaurien250_170708.jpgSANXENXO > Onte púxose o punto e final en Sanxenxo ó Campionato de España de Clase Vaurien. Tras catro xornadas de regatas e oito mangas disputadas a victoria foi a caer a mans de Pablo Cabello e Javier Lago, do Náutico de Vigo.

{flowplayer}images/salnes/Vaurien_170708.flv{/flowplayer} 

Púxose o peche a un Campionato de España que será recordado polo competido que foi e pola deportividade que amosaron tódolos participantes. Despois de tres xornadas e cinco mangas disputados, só quedaba culminalo, e fíxose ó grande.

Nun campo de regatas idóneo e cunhas condicións climatolóxicas perfectas para a práctica de vela lixeira, dúas embarcacións loitaron pola victoria, ambas do Real Club Náutico de Sanxenxo: o X- Náutica de Ignacio Campos e Juan Pedro Martínez e o Certum, de Pablo Cabello e Javier Lago, que á postre serían os vencedores.

A victoria destes vigueses fundamentouse na súa gran regularidade. Chegaban con dous puntos de vantaxe para defender en tres regatas e o fixeron vencendo en dúas delas e acadando un segundo posto noutra.

En categoría feminina María Campos e Edurne Tamayo venceron sen problemas en  mentres que os irmáns Jiménez fixérono en xuvenil.

Coa entrega de trofeos púxose o punto e final a estes cinco días de competición e actos sociais que deixaron a todo o mundo cun bo sabor na boca.

Redacción Salnés