O pleno de Ribeira aproba en conxunto as alegacións contra a ampliación do náutico

    plenoalegacions_100_170708.jpgRIBEIRA > A corporación ribeiresa celebrou un pleno extraordinario para aprobar as alegacións contra o plan galego de instalacións náutico-deportivas.

    {flowplayer}barbanza/plenoalegacions.flv{/flowplayer}

    O texto das alegacións xa fora acordado de xeito unánime previamente na reunión de portavoces polo que tan só foron precisos cinco minutos de pleno para dar o visto bo ó documento.

    Tras aproba-la urxencia do asunto a tratar a secretaria municipal dou lectura ás alegacións que propoñen a retirada do Plan Galego de Infraestruturas Náuticas da actuación 3.21 que prevé a ampliación do porto deportivo de Ribeira. A corporación municipal rexeita este proxecto polos danos que ocasionará á praia de Coroso e ós bancos naturais da zona.

    Alternativa consensuada

    Neste sentido, propoñen a Portos de Galicia que inicie o deseño dunha nova actuación consensuada con tódolos colectivos afectados.

    No texto, que foi aprobado por unanimidade, soamente se modificou a parte correspondente ós afectados que na redacción orixinal incluía á confraría de pescadores, o club náutico, o concello e Portos de Galicia. A petición do BNG extendeuse a necesidade de consenso a tódolos sectores afectados.

    Redacción Barbanza