Medalla de ouro para un albariño con Señorío

    premios_albarino100_040808.jpgCAMBADOS > O Condado, O Rosal e O Salnés repartíronse as medallas no concurso da Festa do Albariño, …

    {flowplayer}images/salnes/premios_albarino.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS > O Condado, O Rosal e O Salnés repartíronse as medallas no concurso da Festa do Albariño de Cambados, que se entregaron onte no xantar oficial, celebrado no Pazo de Torrado.

    Señorío de Rubiós, da subzona do Condado, levouse a medalla de ouro como o mellor albariño da anada 2007. Foi toda unha sorpresa que o primeiro premio fose para esta adega das Neves, que ten como marca de identidade o tinto da comarca do Teo. O segundo posto foi para O Rosal. Un premio que non colleu tan de sorpresa ó xerente da adega Laxas, de Arbo, que xa se fixera noutra ocasión coa medalla de ouro. A marca Veiga Naum, de Meaño, alzouse co terceiro galardón no concurso de Rías Baixas.

    Redacción Salnés