Os comerciantes do casco vello opóñense ó traslado do mercadiño

    mercadinorianxo_100_260808.jpgRIANXO > O posible traslado do mercadiño ambulante de Rianxo anunciado polo executivo local non deixou indiferente ós comerciantes da zona.

    {flowplayer}barbanza/mercadinorianxo.flv{/flowplayer}

    Os comerciantes da zona portuaria de Rianxo levantáronse en pé de guerra para evitar o traslado do mercadiño ambulante. Dende que o concello anunciara a posibilidade de cambiar a actual ubicación para evitar o pago das taxas a Portos de Galicia, os propietarios dos establecementos están moi preocupados. Consideran que o traslado do mercadiño afectaría moi negativamente á marcha dos seus negocios posto que a zona perdería gran parte do seu dinamismo.

    Recollida de sinaturas

    Para evitar o cambio de emprazamento, os comerciantes iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas que presentarán no concello. Na súa reivindicación contan co apoio veciñal.

    Pola súa banda, dende o concello informaron que a primeira opción que barallan é manter o marcadiño onde está actualmente. De non ser posible, estudase a alternativa de trasladalo á zona de Cabo da Vila, próxima á actual ubicación, pero en ningún caso á urbanización Virxe da Guadalupe.

    Redacción Barbanza