Antón Paz participará na Volta ó Mundo de Vela

paz_echavarri250.jpgPONTEVEDRA > O vilagarcián Antón Paz estará na Volta ó Mundo de Vela, xunto ó seu compañeiro o pontevedrés Fernando Echávarri. Será a primeira vez que Paz participe nesta proba. Os gañadores do ouro en Vela Clase Tornado estiveron hoxe na Deputación onde foron recibidos por Rafael Louzán, que completa así a rolda de homenaxes ós medallistas olímpicos.

{flowplayer}images/salnes/PAZ_ECHAVARRI.flv{/flowplayer}

PONTEVEDRA > O vilagarcián Antón Paz estará na Volta ó Mundo de Vela, xunto ó seu compañeiro o pontevedrés Fernando Echávarri. Será a primeira vez que Paz participe nesta proba.

Os gañadores do ouro en Vela Clase Tornado estiveron hoxe na Deputación onde foron recibidos por Rafael Louzán, que completa así a rolda de homenaxes ós medallistas olímpicos. Os regatistas asinaron no libro de honra e xa na sala de prensa quixeron por de manifesto o esforzo realizado por tódolos deportistas na Olimpiada de Pekín, e pediron ás administracións que sigan apoiando ó deporte base. Paz e Echávarri recibiron unha placa e a insignia de ouro da Deputación, e eles deixaron cadanseu autógrafo ós seus seguidores.

Redacción Salnés