APECO promoverá o comercio sostible entre os escolares da Pobra

    comercioxusto_100_190908.jpgPOBRA > APECO desenvolverá actividades nos colexios para concienciar ós máis pequenos sobre a necesidade de promover un comercio sostible.

    {flowplayer}barbanza/comercioxusto.flv{/flowplayer}

    As actividades promovidas pola Asociación do Pequeno Comercio da Pobra desenvolveranse durante a próxima semana: o martes e mércores no colexio Pilar Maestú e o xoves e venres no Salustiano Rey Eiras. O obxectivo é conseguir que os nenos, de entre terceiro e sexto de primaria, aprendan a mercar de forma sostible, administrando os cartos e coñezan un pocuo máis o labor dos comerciantes.

    Simulacións

    Levaranse a cabo simulacións da actividade diaria en distintos establecementos comerciais e, mediante un xogo de roles, impartiranse tamén coñecementos en materia de saúde, alimentación e educaicón ambiental. 

    Visita ós comercios

    Os obradoiros serán impartidos pola empresa Xandobela coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria. Como complemento a estas actividades cos escolares, APECO organizará durante o último sábado de setembro e os dous primeiros de outubro, un taller similar dirixido a nenos de entre sete e doce anos. Os interesados en participar poden inscribirse na sede de APECO ou en calquera dos comercios asociados.

    Redacción Barbanza