O PPdeG esixe máis persoal para mellorar a asistencia no hospital do Barbanza

    ruizhospita_100l_190908.jpgBARBANZA > O PPdeG solicitará a ampliación de servizos asistenciais no hospital para garantir a atención axeitada en tres especialidades.

    {flowplayer}barbanza/ruizhospital.flv{/flowplayer}

    O voceiro do PPdeG, Manuel Ruíz,  anunciou en Ribeira que levará ó Parlamento unha serie de porpostas para mellorar a asistencia no hospital comarcal do Barbanza. E farao a través de dúas vías: con propostas no debate do estado da autonomía que se celebrará a primeiros de outubro e a través dunha serie de enmendas ós orzamentos para o exercicio de 2009.

    Falta de medios e persoal

    As propostas dos populares pasan pola necesidade de reforzar os servizos de neuroloxía, endocrinoloxía e cardioloxía. Segundo Manuel Ruíz, estas especialidades, a pesar de que tratan a pacientes especialmente sensibles, non contan actualmente cos medios e o persoal suficiente para prestar a atención debida.

    Dende o PPdeG propoñen, baseándose nos datos da Sociedade Galega de Neuroloxía, a dotación de dous facultativos en plantilla para esta especialidade así como outros dous especialistas na unidade de cardioloxía. Con respecto á endocrinoloxía consideran que deberíase incorporan un médico fixo e outro de reforzo. 

    Unidade oncolóxica

    Ademais destas tres especialidades, o voceiro popular anunciou que está a realizar un seguemento exhaustivo da prestación de servizos na unidade de oncoloxía co fin de garantir a correcta atención neste servizo posto que, segundo informou, ten recibido algunhas queixas derivadas do aprazamento das revisións. Isto motiva, segundo os populares, que moitos pacientes acaben recorrendo á sanidade privada.

    Redacción Barbanza