O BNG afirma que o polígono comarcal do Barbanza contará con depuradora propia

    bngpoligono_100_230908.jpgBARBANZA > O BNG organizou unha serie de sesións informativas para dar a coñecer os pormenores do proxecto do futuro polígono comarcal.

    {flowplayer}barbanza/bngpoligono.flv{/flowplayer}

    A primeira das citas terá lugar o xoves ás oito e media no Liceo Marítimo de Ribeira mentres que o venres a charla desenvolverase no ISM da Pobra do Caramiñal á mesma hora. Con estas sesións informativas, ás que asistirá o máximo responsable do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Daniel Pino, o BNG pretende seguir coa liña de total transparencia que caracterizou todo o proceso administrativo desenvolvido pola Consellería de Vivenda para a tramitación deste parque empresarial.

    EDAR propia

    Neste sentido, o responsable comarcal do BNG do Barbanza, Manel Casal, quixo aclarar que o polígono contará cun sistema de depuración propio, a diferencia das informacións difundidas por outros grupos políticos.

    Desinformación

    A voceira nacionalista na Pobra tamén se referiu á campaña informativa iniciada polos socialistas pobreses con respecto ó polígono que, ó seu entender, non ten outro obxectivo que confundir e manipular á opinión pública. Neste sentido, fixo un chamamento á responsabilidade de tódolos grupos políticos para apoiar este proxecto que creará emprego e riqueza na comarca.

    Pola súa banda, a responsable do BNG en Ribeira, Dominga Brión, destacou a importancia desta nova infrestrutura que xunta coa autovía do Barbanza e a reserva de chan para a creación de vivenda pública, dará un importante pulo á comarca.

    O novo parque, ubicado entre os concellos da Pobra e Ribeira, suporá a creación de cincocentos mil metros cadrados de chan industrial para satisfacer a demanda do empresariado da comarca. A Consellería habilitará ademais naves modulares para os pequenos empresarios que poderán acceder a elas en réxime de aluguer con opción de compra transcorridos dez anos.

    Redacción Barbanza