Ribeira continúa o plan de humanización coa peonalización da rúa Galicia

    ruagalicia_100_230908.jpgRIBEIRA > O executivo ribeirés iniciou as obras de remodelación dun tramo da rúa de Galicia que posibilitarán o seu uso peonil e comercial.

    {flowplayer}barbanza/ruagalicia.flv{/flowplayer}

    A consecuencia das obras de remodelación da rúa Galicia iniciadas onte, o executivo ribeirés veuse obrigado a realizar unha nova organización do tráfico nesa zona. O tramo que vai dende o cruce de Rosalía de Castro con General Franco ata a Praza da Igrexa permanecerá cortado durante o desenvolvemento dos traballos. Ó mesmo tempo tamén permanece cortado á circulación o tramo que vai dende a a Avenida do Malecón cara a rúa Rosalía de Castro, establecéndose como vía alternativa a subida pola rúa Canarias ata Miguel Rodríguez Bautista.

    Con estas obras, que supoñen un investimento de máis de 133 mil euros, o goberno local pretende realizar unha adecuación desta rúa para o seu uso peonil e comercial, mellorándose os pavimentos e dotándose á rúa dun sistema de separación de pluviais e fecais, para evitar que un aporte excesivo da auga da chuvia poida provocar problemas na rede de saneamento, coas conseguintes enchentas. As beirarrúas ampliaranse ata os dous metros e medio para cada sentido, e o ancho da vía para circula-los vehículos será de tres metros e medio.

    Minimiza-las molestias

    Antes de emprende-lo inicio dos traballos, representantes do executivo mantiveron diversas xuntanzas cos comerciantes da zona para tratar de chegar a un consenso de cómo desenvolve-las obras, para crearlles as menores molestias posibles.

    Redacción Barbanza