A falla de axentes de policía provoca indignación entre os noieses

    polinoia_100_250908.jpgNOIA > O cadro de persoal da policia local de Noia reduciuse ao mínimo ao cesar esta semana os dous auxiliares que traballaron durante o verán.

    {flowplayer}barbanza/policianoia.flv{/flowplayer}

    Deste xeito, na actualidade tan só cinco axentes están en activo. O conflito entre a policia e o concello de Noia acada xa os cinco meses de duración, unha situación que provoca indignación entre os veciños.

    A media mañá deste xoves tan só un axente trataba de poñer orde no tráfico á entrada de San Lázaro. Malia que esta previsto que en vindeiros días se incorporen algúns dos policias que se atopan de baixa, os veciños notan a falta de axentes nas rúas.

    O pasado mércores, representantes da asociación de actividades empresariais de Noia e de Noia Histórica mantiveron unha xuntanza co alcalde, Rafael García e a edil de Seguridade, Rosana Mariño para coñecer que medidas tomará o concello para solucionar o conflito.

    Próximas incorporacións

    Espérase que a incorporación de axentes se suceda ao longo das semanas e que no periodo dun mes se retomen as quendas nocturnas. Dende o concello tamén indicaron que a falta de disciplina nalgúns axentes lles obriga a facer cambios na dirección da policia local polo que é previsible que se leven a cabos algúns ceses.

    Redacción Barbanza