Durán non descarta acudir á xustiza senón se rectifica o proxecto do polígono

    alcaldes_tremoedo100.jpgVILANOVA > A proximidade do polígono de Tremoedo a algunhas vivendas, nalgúns casos de menos de 50 metros, ou a proximidade que terá tamén ás casas a

    {flowplayer}images/salnes/alcaldes_tremoedo.flv{/flowplayer} 

    … depuradora que se pretende instalar no polígono, e pola que ó Concello de Vilanova xa lle encargou a unha empresa privada un estudo no que se formule outra alternativa, son dous dos principais problemas que presenta o parque industrial deseñado pola Consellería de Vivenda e Solo segundo o rexedor de Vilanova.

    A isto hai que engadir a falta dun sistema de drenaxe coa suficiente capacidade para impedir asolagamentos durante as épocas de máis choiva. Unhas cuestións polas que o Concello xa lle pediu á Consellería manter unha reunión, da que non tiveron resposta. Pero, de non poder tratar estas alegacións nunha xuntanza, Gonzalo Durán advirte que están dispostos a acudir ós tribunais. Ademais de Vilanova o polígono tamén vai ocupar espazo do Concello de Vilagarcía. Aquí vólvense a repetir os mesmos problemas entre os afectados, e dende o PP critican que se poña agora en marcha este proxecto despois de deixar esquecidos outros polígonos xa comezados coma o de Baión.

    O río pequeno, en Oubiña, sitúase segundo os planos que manexa a Consellería, coma a vía natural de canalización pola que discorrerán as augas procedentes do polígono. Un leito insuficiente que pode provocar asolagamentos e outros problemas na parroquia cambadesa, que tamén se ve deste xeito afectada polo polígono. José Manuel Cores Tourís tamén critica que ó mesmo partido que no seu momento se opuxera a ampliación do polígono de Cambados, queira agora levar a cabo esta infraestrutura. O rexedor de Cambados tamén critica que a Consellería de Vivenda e Solo non lle enviase ó seu Concello unha copia dos plano do polígono xa que, de xeito indirecto, tamén se van ver afectados coa construción do mesmo.

    Redacción Salnés