Uns 200 veciños defenden a Fonte Gaiteira a ritmo de gaita

    fontegaiteira100_290908.jpgCATOIRA > Unhas duascentas persoas xuntáronse onte no parque de Fonte Gaiteira para protestar contra a vindeira construción do multiusos neste entorno.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_FONTE_GAITEIRA.flv{/flowplayer}

    CATOIRA > Unhas duascentas persoas xuntáronse onte no parque de Fonte Gaiteira, en Catoira, para protestar contra a vindeira construción do Multiusos neste entorno. A plataforma de afectados ‘Salvemos a Fonte Gaiteira’, dixera que se desligaba de calquera acto reivindicativo ante a denegación de permiso desde a Subdelegación do Goberno. Pero, aproveitando que onte era festa en Catoira, varios veciños, acompañados dun grupo de gaitas, celebraron a romaría neste entorno.

    Fonte Gaiteira é un pequeno bosque de ribeira que nace no río Catoira. Aquí hai un vello muíño, o conxunto coñecido como Casa das Pexegas e unha ponte romana. A uns metros deste enclave natural é onde o Concello prevé levantar un edificio que albergará unha nova casa consistorial e un auditorio. Para a plataforma esta infraestrutura é necesaria pero cre que hai sitios mellores en Catoira para construíla. O alcalde, Alberto García, afirmou a pasada semana que o impacto vai ser mínimo e advirte que xa non hai marcha atrás para estas obras.

    Redacción Salnés