Un derbi vibrante con morbo incluido nos banquiños

derbi250_031008.jpgSALNÉS > Chega o terceiro gran derbi da temporada: Vilalonga – Céltiga. Os locais precisan a victoria para corta-la mala xeira de resultados e os da Illa para continuar nos postos de arriba. Será ademais o día da volta de Josiño Abalde a San Pedro, aínda que nesta ocasión, sentarase no banquiño visitante.

{flowplayer}images/salnes/derbi_031008.flv{/flowplayer} 

Vilalonga e Céltiga disputan en San Pedro este domingo o terceiro derbi do Salnés deste ano, que promete ser tan espectacular como o do ano pasado, que rematou con 2-2 e polémica incluida.

Repetirán moitos dos protagonistas dese encontro, aínda que haberá un para o que será un poquiño máis especial que para o resto, o técnico Josiño Abalde, que deixou o cadro celeste para embarcarse nunha nova aventura no Céltiga.

Pese ás amizades e ós recordos, os dous conxuntos queren gañar este encontro. Os da Illa para continuar neses postos de privilexio que lle dan tranquilidade para afrontar o futuro. Os de Gabi Leis, para retomar o bo incio ligueiro que fixeran, agora empañado por dúas derrotas consecutivas. Para os técnicos será un partido aberto, no que calquera cousa poderá pasar. Pola serenidade e o acerto de cara ó gol, pasan as claves do encontro.

Quito por sanción, Álex e Jose será baixas seguras nos locias, coa dúbida de Sarró, que podería recupararse para o derbi. Josiño pola contra, poderá contar con case tódolos seus xogadores: Nacho evoluciona ben dunhas molestias e é máis que probable que estea, mentres que Iago Juncal, continúa a recuperarase dunha operación de apendicite.

Os que sí que estarán serán os centos de afeccionados que se agardan dun bando e doutro nos graderíos de San Pedro. O domingo, ás 17:00.