Un gol de Rubí inclinou a balanza en favor do Vilalonga

futbol250_061008.jpgSALNÉS > O Vilalonga levouse o derbi tras vencer pola mínima ó Céltiga nun partido moi trabado. Victoria tamén para o Arousa, que semella que despega definitivamente. Pola contra o Portonovo caeu en Negreira e afúndese na xeral.

{flowplayer}images/salnes/futbol_061008.flv{/flowplayer} 

Vilalonga e Céltiga disputaron en San Pedro o terceiro derbi do Salnés deste temporada que saldouse con victoria por 1-0 dos de Gabi Leis.

Un partido de moita loita no mediocampo e moi trabado. O primeiro en avisar foi o cadro local, cun cabezazo de Luismi que fixo emplearse a fondo a César. Na seguinte xogada, o ex-porteiro do Vilalonga tivo que ser atendido tras recibir un golpe na mandíbula que fixo que o encontro estivese cinco minutos detido.

Tamén avisou o Céltiga cun cabezazo de Victor cando se cumpría o ecuador do primeiro tempo. Pouco despois chegou o único gol do encontro. Unha longa xogada de ataque do equipo celeste na que Rubí foi máis listo que os defensas visitantes para anticiparse e facer o 1-0. Intentouno o Céltiga, que tivo dúas moi claras para facer a igualada; a primeira nas botas de Kelvin, xusto antes do descanso e a segunda de Peloto, ós dous minutos da segunda, cun remate cruzado que foise á rentes do pau e ben puido cambiar ó signo do encontro.

A partir de ahí o Céltiga intentouno por tódolos medios, arriscou Josiño dando entrada a dous dianteiros para buscar a igualada, Albert e Manuel, pero o marcador xa non se movería. Así as cousas, rompe a xeira negativa de resultados o Vilalonga, que queda en metade da táboa con oito puntos, mentres que o Céltiga continúa na parte alta, aínda que agora fora dos postos de ascenso.

Na Lomba, o Arousa colleitou a súa segunda victoria consecutiva, desta volta ante o Pontevedra B, o que lle afasta provisionalmente da zona baixa. Un encontro no que os de Laxes foron superiores ante un rival que pecou de inocente nas dúas áreas. Luis Alberto acadou no minuto 41 o único gol do encontro.

Peor lle foron ás cousas ó Portonovo que cae ó penúltimo posto da xeral tras perder onte no García Calvo ante o Negreira por 2-1. Adiantáronse os de Milucho a dez para o remate, pero dous tantos de Julián nas postrimerías do encontro deixaron os puntos na casa.

Destacar tamén os resultados de Preferente Autonómica: Ourense B 3 – Unión Grove 2; Estrradense 2 – Sanxenxo 0;  Ribadumia 1 – Tomiño 0.

Redacción Salnés