Arranca a 39ª edición da Feira Multisectorial de Fexdega

    fexdega100_091008.jpgVILAGARCÍA > A Feira Multisectorial Fexdega abre as súas portas. Na inauguración, a directora xeral de Comercio defendeu a xestión de Rosa Abuín.

    {flowplayer}images/salnes/fexdega_091008.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > A Feira Multisectorial Fexdega abriu hoxe as súas portas. Na inauguración participaron, ademais das autoridades locais, a directora xeral de Comercio, Ana Rúa. O seu discurso dedicouno a defender o recinto feiral e o traballo feito desde o padroado. Rúa recoñeceu que o mundo feiral tamén padece os efectos da crise económica pero inda así indicou que no último ano, Fexdega chegou a acadar 84.000 euros de beneficio.

    A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, destacou en particular a xestión realizada por Rosa Abuín á fronte de Fexdega, desde que quedou vacante o posto de xerente, que por certo adiantou que se cubrirá a finais de mes. A alcaldesa de Vilagarcía tamén fixo referencia á crise. Dolores García agradeceu ás empresas e entidades a súa aposta por unha feira, que considera xa consolidada.

    Nesta edición, na Multisectorial preséntanse ata o domingo novas patentes, como un tratamento antihumidade, ou recipientes intelixentes para a cociña. Están presentens tres asociacións de comerciantes como Zona Aberta, UPTA e OAP. Pero, sobre todo, destaca a forte presenza de expositores portugueses, en especial en decoración, que ocupan o 50% do recinto. Este ano tamén hai espazo os artistas plásticos.

    Tampouco faltan clásicos como piscinas, mobiliario de cociña, produtos de baño, automóbiles ou motos. De aquí ó domingo, a organización agarda chegar, ás 30.000 visitas rexistradas no ano 2007. A feira permanecerá aberta en horario ininterrompido dende as 12.00 até as 21.00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros, pero os nenos e os maiores de 65 anos só pagarán un euro.

    Redacción Salnés