Os bombeiros inician unha folga contra o Concello

    bombeiros100_091008.jpgPONTEVEDRA > Os bombeiros de Pontevedra pararon hoxe a súa actividade durante unha hora en protesta pola falta de resposta do Concello …

    {flowplayer}images/salnes/bombeiros_091008.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Os bombeiros de Pontevedra pararon hoxe a súa actividade durante unha hora en protesta pola falta de resposta do Concello ás súas reivindicacións. A principal, a falta de persoal para conformar unha quenda diaria eficaz. Os bombeiros críticos cualifican de irresponsable ó goberno local, sobre todo despois de establecer como servizos mínimos durante a folga un equipo formado só por catro persoas.

    Os bombeiros quéixanse tamén das eivas que teñen no parque. O patio está cheo de escombro desde que lles derrubaron a torre o cal non lles permite facer alí ningunha manobra. Dispoñen dunha zodiac para o rescate subacuático, pero non teñen persoal cualificado para utilizala e estase a estragar por falta de uso. Piden novos vehículos, pero de momento chegoulles esta motocicleta e parece que lles van vir dous coches pero só servirán para transporte de persoal.

    o portavoz Vicente Ferrería afirma que actualmente hai 31 bombeiros en activo no parque de Pontevedra, e que agás 4 ou 5 o resto apoian esta folga, que continuarán o 13, 22 e 29 deste mes, a menos que o Concello atenda as súas demandas.

    Redacción Salnés