Unha sentenza ratifica a legalidade das cámaras de tráfico de Ribeira

    camarasvixilancia_100_151008.jpgRIBEIRA > O Xulgado do Contencioso-administrativo desestimou o recurso do ‘Movemento polos Dereitos Civís’ contra as cámaras de vixilancia de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/camarasvixilancia.flv{/flowplayer}

    Segundo se desprende da sentenza queda sobradamente acreditado que a finalidade única das videocámaras instaladas no casco urbano de Ribeira non é outro que o control, a regulación e a disciplina do tráfico, sendo competencia municipal a autorización da dita instalación.

    Fin da polémica

    O concelleiro de Tráfico, Francisco Sieira, confía en que a partir de agora e grazas a esta sentenza, na que se recoñece que os aparatos tan só se empregan para control-lo tráfico, se acabe dunha vez por todas coa polémica xurdida a raíz da presentación da demanda. Segundo el demostrouse que as cámaras non atentaban contra a privacidade das persoas, como este colectivo aseguraba, e que non están enfocadas cara os edificios, senón unicamente ás vías de acceso rodado.

    Instrumento útil

    Francisco Sieira sinalou ademais que as videocámaras constitúen unha ferramenta moi importante para o traballo diario dos axentes da policía Local, xa que é posible comprobar en que lugares se están producindo problemas de tráfico e acudir rapidamente para atallalos, resultando tamén de gran axuda para o esclarecemento dalgún accidente.

    Redacción Barbanza