A Xunta destinará importantes inversións para o Barbanza en 2009

    valoracionorzamentaria_100_211008.jpgBARBANZA > O borrador dos orzamentos autonómicos para o 2009 recolle inversións por valor de máis de cen millóns de euros na comarca.

    {flowplayer}barbanza/valoracionorzamentaria.flv{/flowplayer}

    A valoración dos orzamentos por parte dos socialistas é máis que positiva xa que consideran que os presupostos para 2009 contemplan inversións moi importantes para o progreso das comarcas do Barbanza e Muros – Noia.

    A mellora das infraestruturas, tanto no referente ás vías de comunicación como os portos, constitúe un dos eixos fundamentais que vertebran estes orzamentos con actuacións como o corredor Brión – Noia, a variante noiesa ou inversións derivadas das autovías Santiago-Brión e do Barbanza, entre outras. O borrador orzamentario contempla tamén unha inversión dun millón de euros para a construción da lonxa de Ribeira e destina á reforma da fachada marítima de Noia máis de 1’2 millóns de euros.

    Tamén destaca a aposta pola creación de chan industrial co impulso ó polígono do Barbanza e as inversións en materia de saneamento e depuración encamiñadas a conquerir o saneamento da ría. Neste sentido, destacan inversións como as depuradoras de Ribeira e Corrubedo que aínda que non aparecen detalladas no proxecto contan con fondos consignados para a súa execución. O mesmo acontece coa nova dársena de Cabo de Cruz, cuxa construción se inciiou hai unha semanas

    Gasto social

    Pero o parlamentario socialista, Xosé Manuel Lage, destaca sobre todo a inversión en políticas sociais, tanto no eido sanitario coas melloras previstas no hospital do Barbanza como na aposta pola calidade na educación e o fomento do emprego. 

    En definitiva, os socialistas consideran que se trata duns orzamentos moi beneficiosos para a comarca que contribuirán a unha mellor vertebración do territorio e unha maior calidade de vida dos cidadáns.

    Redacción Barbanza