O concello de Rianxo traballa na eliminación de vertidos puntuais

    vertidosrianxo_100_211008.jpgRIANXO > O executivo local de Rianxo saíu ó paso das denuncias formuladas polo PP en relación á existencia de vertidos da rede de saneamento ó mar.

    {flowplayer}barbanza/vertidosrianxo.flv{/flowplayer}

    Segundo informou o alcalde, Pedro Piñeiro, detectáronse tres vivendas sen conectar á rede de saneamento na estrada de Rianxiño, as cales xa foron requeridas para proceder á conexión, e unha delas xa o fixo. O rexedor é consciente de que existen algúns problemas de vertidos en varios puntos concretos tanto a nivel particular como no caso da industria Conservas Miramar, que xa foi sancionada por parte de Augas de Galicia. Dende o concello están a aplicarlle multas coercitivas e agardan que a empresa poña fin ós vertidos. De non ser así terán que tomar medidas máis duras.

    Deste xeito, o goberno municipal recoñece a existencia dos vertidos denunciados a pasada semana polo Partido Popular, aínda que insiste en que se trata de casos puntuais e, en ningún caso, de vertidos xeralizados ó mar.

    Tres novas depuradoras

    Neste sentido, o alcalde rianxeiro defendeu o bo funcionamento da depuradora municipal na que a Consellería de Medio Ambiente vén de acometer melloras por valor dun millón de euros. Informou ademais de que está prevista a creación de tres novas estacións en Isorna, Leiro e o futuro polígono de Te.

    Estas actuacións avalan, segundo o concello, a boa xestión en materia medioambiental fronte ós intentos da oposición de desacreditar ó exeuctivo coa única intención, din, de apuntarse o tanto dos seus logros.

    Redacción Barbanza