POIO > Unha familia de Raxó, en Poio denuncia os graves desperfectos que está a sufrir a súa vivenda, situada no número dez da rúa Airiños do Mar, …
{flowplayer}images/salnes/raxo.flv{/flowplayer}
POIO > Unha familia de Raxó, en Poio denuncia os graves desperfectos que está a sufrir a súa vivenda, situada no número dez da rúa Airiños do Mar, por mor dunhas obras colindantes. Este verán os propietarios comezaron a notar como a casa se enchía de fendas e se inclinaba uns centímetros cara a parte baixa do terreo, onde fixeron uns importantes movementos de terra para construír un edificio.
En primeiro lugar os promotores da obra quitáronlle importancia pero días máis tarde chegaron a desaloxalos. Esta familia leva tres meses vivindo nun piso de alugueiro á espera de trasladarse a unha casa como lle prometeran xa para principios do mes de setembro.
Agora ás obras están momentaneamente paradas mentres esta familia ve como cada día se deteriora máis a súa vivenda sen que ninguén faga nada para arranxarlla. É por isto polo que xa están preparando accións legais contra as empresas promotoras e constructoras da obra.
Marina Penas, a propietaria, tamén acudiu ó Concello a pedir axuda desde onde lle aseguraron que ían obrigar a empresa a rematar o muro de contención que recolle o terreo no que está a vivenda. Mentres a solución non chega a paciencia e a saúde desta familia estase vendo afectada por unha situación que os supera e da que eles non son responsables. Razón pola cal piden unha solución antes de que as choivas cheguen a empeorar a situación.
Redacción Salnés