Remata o obradoiro de emprego en Rianxo

    clausuraobradoiroemprego_100241008.jpgRIANXO > Neste taller deuse formación a corenta alumnos en especialidades de xardinería, carpintería, albanelería ou pavimentador con lastros.

    A delegada da Consellería de Traballo na provincia da Coruña, María Debén Alfonso e o rexedor de Rianxo, Pedro Piñeiro clausuraron o obradoiro de emprego “Rianxo” no que se formaron corenta traballadores, a meirande parte deles mulleres, en distintas especialidades.

    Formación complementaria

    O obradoiro de emprego Rianxo iniciouse a finais do mes de setembro de 2007 co obxectivo de formar a colectivos con dificultades para acceder ao mundo laboral, como mulleres ou parados de longa duración.

    Os traballadores do obradoiro Rianxo recibiron formación en catro especialidades: carpintería, xardineria, pavimentador con lastro e albanelería. Así como coñecementos de informática, riscos laborais e sensibilización ambiental e igualdade de xénero. Ademáis, once dos alumnos obtiveron o título de graduado en ESO.

    {flowplayer}barbanza/clausuraobradoiroempregorianxo.flv{/flowplayer}

    O programa incluíu varios proxectos cun marcado caracter social, que se reflectiron na recuperación do patrimonio e de espazos públicos do rural de Rianxo.

    Políticas de emprego

    A Consellería de Traballo investiu máis dun millón de euros para fomentar políticas de emprego no concello de Rianxo que se materializaron en programas de cooperación e dous obradoiros de emprego.

    Tras a entrega de diplomas, a delegada provincial e o alcalde rianxeiro visitaron o lugar de a Capela onde os alumnos do obradoiro Rianxo realizaron un dos proxectos máis importantes: a remodelación e adecuación ambiental deste núcleo rural coa pavimentación de varias rúas en pedra, a construcción de zonas de aparcadoiro, eliminación de barreiras arquitectónicas e a colocación de mobiliario urbano.

    Redacción Barbanza