Medio Ambiente inviste en Rianxo once millóns de euros

    investimentosenrianxo_100271008.jpgRIANXO > Os investimentos corresponden a melloras hidráulicas, acondicionamento de espazos naturais e tratamento de residuos

    O conselleiro, Manuel Vázquez e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro mantiveron hoxe unha reunión para repasar as actuacións que o departamento autonómico está a desenvolver no municipio e asinar un convenio de colaboración para acondicionamento do río Te.

    Posta en valor do entorno natural

    Mediante este acordo realizarase un proxecto para acondicionar o entorno do río Te no tramo comprendido entre a ponte de Laxe e a ponte do Araño. O principal obxetivo deste actuación, que financia na súa integridade a Consellería de Medio Ambiente con máis de 145 mil euros, é poñer en valor esta zona natural para o uso dos cidadáns.

    {flowplayer}barbanza/investimentosenrianxo.flv{/flowplayer}

    Abastecementos e redes de sumidoiros

    Non se trata do único investimento que a Consellería de Medio Ambiente vén de realizar en Rianxo nesta lexislatura. Entre os proxectos acometidos atópanse a dotación de abastecemento e saneamento aos núcleos de Brión, Abuín, Ermida e Buhía, cun orzamento dun millón e medio de euros e melloras na depuradora que superaron os novecentos mil euros de inversión.

    Manuel Vázquez anunciou que antes de que remate o ano espera que xa estén licitadas os proxectos para dotar de saneamento e abastecemento ao núcleo de Leiro e ao de Isorna, que suporán un dos investimentos máis destacados da Consellería de preto de tres millóns de euros.

    O Conselleiro de Medio Ambiente espera que proximamente se asine un acordo co concello de Ribeira que permita dar un pulo ao Plan integral de saneamento da ría de Arousa.

    Pedro Piñeiro tamén deu conta doutros proxectos previstos como a dotación de redes de saneamento en distintos núcleos do concello que está a supervisar Aguas de Galicia e no que está previsto presupostar máis de dous millóns de euros.

    Redacción Barbanza