Adxudicadas as obras de mellora da seguridade vial na travesía do Pazo

    adxudicacionopazo_100281008.jpgRIANXO > Trátase dunha actuación moi demandada polos veciños deste lugar onde se teñen producido graves atropelos

    Esta actuación da Deputación de A Coruña aprobada de xeito definitivo o pasado 23 de outubro, está incluída no Plan de Travesías 2008-2010 e foi adxudicada á empresa CRC Obras e Servizos e orzamentada en máis de 478 mil euros.

    O proxecto, que ten un prazo de execución de dez meses, incluirá unha reordenación das prazas de aparcadoiro e o ancheamento de beirarrúas, ademais da reforma do alumeado.

    {flowplayer}barbanza/adxudicacionopazo.flv{/flowplayer}

    Dende o concello de Rianxo mostraron a súa satisfación por que se inicien os traballos de acondicionamento do vial que buscan mellorar o tránsito viario o paso de peóns por estas zonas e evitar accidentes de tráfico dado que son lugares onde xa se teñen producido varios atropelos ao coincidir un cruzamento de acceso a unha zona escolar e ao casco urbano de Rianxo.

    Redacción Barbanza