A Deputación presenta o Plan Director do Comercio

    comercio_deputacion100_031108.jpgPONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra investirá dous millóns e medio no Plan Director do Comercio. Así o anunciou o presidente …

    {flowplayer}images/salnes/comercio.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra investirá dous millóns e medio no Plan Director do Comercio. Así llelo anunciou hoxe o presidente Rafael Louzán ás asociación de comerciantes da provincia, dentro dun encontro celebrado esta mañá no Pazo Provincial. Despois dos foros celebrados en Cambados e Tui, a Área de Comercio da Deputación, elaborou un Plan Director para os vindeiros catro anos con actuacións centradas, sobre todo, na promoción dunha actividade comercial de proximidade.

    Este plan vén a ser continuidade do proxecto Mercurio, pero chega nun momento delicado para o sector. No encontro de hoxe, a Deputación indicou que hai decenas de pequenos establecementos que se viron obrigados a pechar. A través destas actuacións esperan botarlle unha man ó segundo sector en xeración de riqueza desta provincia.

    A área de comercio da Deputación desenvolverá este Plan Director en colaboración coas 70 asociacións de comerciantes e os concellos da provincia.

    Redacción Salnés