O BNG conquire unha partida de 400 mil euros para o paseo peonil de Mañóns

    bngboiroorzamentos_100_031108.jpgBOIRO > A Dirección Xeral de Costas do Estado acometerá a construción dunha senda peonil na praia de Mañóns.

    {flowplayer}barbanza/bngboiroorzamentos.flv{/flowplayer}

    Na negociación dos presupostos xerais do estado, os representantes do BNG no congreso dos deputados conqueriron inversións por mor de 125 millóns de euros para Galicia. Entre elas, figura a construción dun sendeiro peonil na praia de Mañóns, na parroquia boiresa de Abanqueiro que permitirá a posta en valor dun dos areais máis emblemáticos do municipio, ó mesmo tempo que se respectan as características medioambientais do entorno. Polo momento, o proxecto aínda non está elaborado pero xa conta cun orzamento de 400 mil euros durante o ano 2009.

    Comisión de seguemento

    Os nacionalistas boireses consideran que o compromiso do goberno central para executar esta obra farase efectivo grazas en parte á comisión de seguemento e coordinación das infraestruturas proxectadas en Galicia, que se creou a petición do grupo do BNG no congreso.

    A estes logros hai que engadir a transferencia de competencias en materia de seguridade cidadá que permitirá a creación da policía autonómica de Galicia.

    Redacción Barbanza