A Xunta investirá máis de 57 millóns na comarca de Muros-Noia durante 2009

bngnoiaorzamentos_100_041108.jpgMUROS/NOIA > Os orzamentos da Xunta para o ano 2009 destinan importantes inversións para a comarca que poderían superar os cen millóns de euros.

{flowplayer}barbanza/bngnoiaorzamentos.flv{/flowplayer}

As partidas detalladas nos orzamentos galegos para 2009 suman preto de 57 millóns de euros a investir na comarca de Muros-Noia. Boa parte dos proxectos refírense a melloras en infraestruturas de comunicación como o tramo Outes-Noia na estrada comarcal AC-550, a vía de alta capacidade Brión-Noia, a autovía Santiago-Brión e a variante noiesa, entre outras.

Políticas económicas

A deputada nacionalista, Ana Pontón, destacou tamén os proxectos encamiñados á dinamización dos sectores económicos e a creación de emprego, como as axudas en I+D+I por valor de 260 mil euros destinadas a empresas da comarca,a dotación de banda ampla no polígono industrial de Augalevada en Noia ou a última fase do plan de gasificación no concello noiés.

Mellora da calidade de vida

O terceiro eixo sobre o que xiran os orzamentos refírese á posta en marcha de políticas sociais coa construción das galescolas de Muros e Noia, o servizo de transporte adaptado oua adhesión dos concellos de Noia, Outes e Lousame ó programa Xantar na Casa.

Redacción Barbanza