Os roubos e as xeadas merman a produción de kiwi

    kiwi100.jpgRIBADUMIA > Os produtores de kiwis da Comarca do Salnés comezan, esta semana, a colleita do froito…

    … que este ano será máis reducida que en campañas anteriores. As xeadas de principios deste ano e os roubos de froito que sufriron nas plantacións, nas últimas semanas, fixeron estragos nos cultivos de kiwis que, segundo os produtores, cada vez, son menos rendibles.  

    {flowplayer}images/salnes/KIWI.flv{/flowplayer}

    A colleita de kiwi na zona do Salnés diminuirá preto dun 25% nesta campaña, con respecto ao ano 2007.

    A empresa Kiwi Atlántico realiza estas previsións negativas ante os estragos que sufriron as plantacións de froito con motivo das xeadas no inverno pasado. O frío dos primeiros meses do ano e as chuvias do mes de maio impediron que as plantas floreceran con normalidade e provocaron unha diminución do froito.

    Sen embargo, este non é o único problema que afrontan os produtores. Nas últimas semanas tivo lugar unha vaga de roubos nas plantacións da comarca do Salnés, que reduciron a cantidade e a calidade dos kiwis. Os roubos lévanse a cabo pola noite e supoñen, para os produtores, unhas perdas de varios miles de quilos de produto.

    Segundo os produtores, o kiwi roubado emprégase para vender a comerciantes maioristas. Si estes comerciantes pediran información sobre a orixe do froito que compran, estes roubos deixarían de ser rendibles.

    Os roubos de froito nos cultivos e as perdas causadas polos fenómenos meteorolóxicos fan que moitos dos produtores abandonen o cultivo dos kiwis e se dediquen ás plantacións de froitos máis rendibles coma a uva.

    Redacción Salnés