O concello de Boiro dotará de cor a fachada marítima de Cabo de Cruz

    policromia_100_131108.jpgBOIRO > Cabo de Cruz será escenario dun proxecto piloto de policromía urbana para Cabo de Cruz realizado polo artista plástico César Lombera.

    {flowplayer}barbanza/policromia.flv{/flowplayer}

    Trátase dun traballo que pretende realza-la imaxe mariñeira da vila, enchendo de cor a fachada marítima, a través do pintando de forma estratéxica dos inmobles ubicados na zona. A iniciativa podería ser trasladada posteriormente a outras vilas mariñeiras da zona.

    Tomando como exemplo a vila mariñeira de Cudillero en Asturias ou a ribeira da cidade lusa de Porto, o executivo boirés emprendeu hai varios anos a realización deste proxecto, que este xoves foi presentado de maneira oficial.

    Equipo multidisciplinar

    O traballo foi levado a cabo por un equipo multidisciplinar, integrado entre outros por un artista plástico, un arquitecto e un diseñador gráfico, e que ten como principal finalidade recupera-la variedade de cores tradicional das vivendas mariñeiras.

    O proxecto, que podería levarse a cabo ó longo do vindeiro ano 2009, foi financiado pola Consellería de Vivenda cunha subvención de 30 mil euros.

    Implicación veciñal

    O proxecto preséntase ademais como unha forma de correxi-lo feismo e poñer en valor un espazo de gran valor turístico. Para o venres hai prevista unha reunión ás oito e media da tarde na lonxa á que están convidados tódolos veciños de Cabo de Cruz, durante a cal se lles explicará o proxecto. A intención do executivo pasa fundamentalmente por conseguir a máxima implicación posible dos veciños, xa que sen eles a iniciativa non podería sair adiante.

    Redacción Barbanza