O PSOE aposta pola redefinición da rede viaria de Ribeira para mellorar a circulación

    psoeseguridadevial_100_171108.jpgRIBEIRA > O PSOE de Ribeira presentou unha moción solicitando a mellora da seguridade vial nalgúns puntos conflitivos do municipio.

    {flowplayer}barbanza/psoeseguridadevial.flv{/flowplayer}

    Os socialistas ribeireses decidiron presentar esta moción a raíz das queixas recibidas por varios veciños e condutores que se centran fundamentalmente en tres vías.

    Mala sinalización

    A primeira e máis conflitiva refírese á estrada de Frións a Cubeliños que soporta un importante volume de tráfico en horas punto posto que se trata dunha vía utilizada como entrada e saída de Ribeira e onde se atopan un colexio e unha gardería. Nesta zona, a sinalización é casi inexistente o que provoca continuos problemas na circulación e mesmo supón un risco para os nenos e os pais que transitan arredor dos centros escolares.

    No caso da estrada que vai de Ribeira a Aguiño por Castiñeiras, os socialistas denuncian o mal estado do firme e a excesiva velocidade á que circulan algúns vehículos. O mesmo acontece na avenida de Ferrol, onde este problemas vense agravados polos vertidos dos camións que transportan peixe procedentes da lonxa.

    Reordenación do tráfico

    Pero ademais destes arranxos concretos, dende o PSOE apostan por unha redefinición integral da rede viaria, reordeando o tráfico de acordo coas necesidades dunha vila coas caracterísitcas de Ribeira e reforzando a sinalización existente.

    Os socialistas apelan á urxencia de acometer canto antes estas actuacións ante o crecemento do municipio, o aumento do parque de vehículos e a complexidade da rede viaria. Pensan que esta sería a solución para solventar, en gran medida, o importante número de accidentes que veñen acontecendo nos últimos anos en Ribeira.

    Redacción Barbanza