Maceiras logra os terreos para a tan demandada galescola da Pobra

galescolatomada_100_211108.jpgPOBRA > A entidade pública empresarial do Solo, SEPES, cederá unha parcela ó concello da Pobra para a construción dunha galescola no polígono da Tomada.

{flowplayer}barbanza/galescolatomada.flv{/flowplayer}

As xestións realizadas polo alcalde da Pobra coa Entidade Pública Empresarial do Solo (SEPES) para conseguir os terreos onde ubicar unha galescola deron os seus froitos. Este venres, Isaac Maceiras reuniuse en Madrid co director de Promoción e Desarrollo da Sociedade, Francisco Moza, e o xefe da división comercial, Francisco Fernández, para tratar os últimos matices da cesión dos terreos.

Os responsables da entidade informaron de que no consello do mes de decembro aprobarase a posta a disposición do executivo municipal duns terreos ubicados no polígono da Tomada que xunto coa parcela de que xa dispón o concello constituirá unha superficie total de catro mil metros para construír a galescola.

Centro de día

O rexedor local agarda que xa se poda levar a pleno no mes de xaneiro a posta a disposición dos terreos a Vicepresidencia, encargada da construción e xestión da escola infantil. Do mesmo xeito, Isaac Maceiras, agarda que o departamento autonómico inicie canto antes a construción do novo centro de día, nunha parcela ubicada nas inmediacións do polideportivo de Venecia.

Grazas a estas xestións, o concello da Pobra poderá contar proximamente con estes dous servizos que contribuirán a mellorar notablemente a calidade de vida dos seus cidadáns.

Redacción Barbanza