O PP solicita incrementar as inversións para a comarca de Noia en 18 millóns

emendasppnoia_100_211108.jpgNOIA > Tal e como fixera cos investimentos relativos ó Barbanza, o PPdeG presentou emendas ós orzamentos referidas a obras na comarca de Muros-Noia.

{flowplayer}barbanza/emendasppnoia.flv{/flowplayer}

O voceiro parlamentario do PP, Manuel Ruíz, compareceu ante os medios na compaña dos membros da agrupación municipal de Noia para dar conta das emendas presentadas polo seu grupo parlamentarios ós orzamentos xerais de Xunta para 2009.

Comunicacións

As partidas máis importantes irían destinadas a infraestruturas de comunicación necesarias para artellar a comarca como os cinco millóns para acelerar as obras da vía de alta capacidade Brión-Noia ou outra partida de cinco millóns para a construción da ponte sobre a ría que sirva como circunvalación.

Os populares solicitan tamén a mellora do trazado da estrada comarcal 550 no treito entre Outes e Noia por valor de tres millóns de euros ou o paseo do malecón de Noia cunha aprtida dun millón de euros.

Outras infraestruturas que demandan os populares a través destas emendas son o proxecto da variante de Muros e da circunvalación de Portosín así como o acindicionamento da estraa comarcal 400 entre Cee e Muros. Obras todas elas que, segundo o portavoz dos populares,  xa figuraban no Plan de Dinamización Económica de Galicia, deseñado polo PP no ano 2005 e que, na maior parte xa deberían estar concluidas.

Depuradora para Noia

As emendas dos populares diríxense tamén cara o necesario saneamento da ría noiesa que na actualidade soporta os vertidos dos setenta por cento da poboación.

A creación de chan industrial figura tamén entre as porpostas do PPdeG con partidas para os polígonos do Son, Outes e Carnota. Apostan ademais por acometer as obras comprometidas no Plan de Portos e mellorar os servizos públicos coa construción de edificios multiusos en Pino de Val e Xuño así comoa creación dunha estaciónd a ITV en Noia.

Os populares agardan que PSOE e BNG apoien estas emendas que suporán unha inversión total de 17’9 millóns de euros, en aras de non hipotecar o futuro desta comarca.

Redacción Barbanza