Política Territorial achega sesenta mil euros para a segunda fase da remodelación do Pazo

    nucleosrurais_100_241108.jpgRIANXO > O delegado de Política Territorial desprazouse ata Rianxo para presentar a segunda fase do proxecto de remodelación do núcleo do Pazo.

    {flowplayer}barbanza/nucleosrurais.flv{/flowplayer}

    Con esta actuación, fnanciada pola Consellería de Política Territoial cunha achega de sesenta mil euros, darase continuidade á remodelación do núcleo do Pazo acometida o pasado ano.

    Nesta segunda fase, que se iniciará ó longo desta semana, procederase á humanización do entorno coa pavimentación dos camiños e o acondicionamento de zonas verdes. As obras durarán aproximandamente un mes. Pero a actuación integral non estará rematada ata o próximo ano cando, segundo informou o propio delegado de Política Territorial, se acometa a terceira fase do proxecto global.

    Outras melloras

    Previamente, a tenente alcalde do concello, Sonia Castaño, desprazouse tamén ata o lugar de Vilas, na parroquia de Asados, onde se acaba de acometer a remodelación integral deste núcleo, que constitúe un dos máis tradicionais de Rianxo. Esta obra, enmarcada no Plan de Obras e Servizos da Deputación da coruña, supón unha continuación das actuacións xa acometidas noutros núcleos como Brión, Rañó, A Capela ou a primeira fase do Pazo.

    Máis seguridade vial

    Os responsables municipais anunciaron tamén outras actuacións que se van acometer proximamente como é o caso da dotación de arcéns entre a rotonda de Té e o cruce do Pazo, que xa foi aprobada polo pleno da Deputación da Coruña.

    Ademais aproveitando a presenza do delegado de Obras Públicas realizaron unha visita ata a ponte de Té para solicitar ó responsable autonómico que se adopten medidas provisionais de seguridade mentres non se procede á súa ampliación.

    O rexedor local agradeceu tamén as actuacións en materia de seguridade vial que está a ecutar o organismo autonómico na travesía do Pazo.

    Redacción Barbanza