López Rivas ponse en ruta cara o Dakar Arxentina – Chile

dakar250_261108.jpgPONTEVEDRA > O Presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, mailo deputado de deportes, José Enrique Sotelo, despediron en Pontevedra ó Sanxenxo Dakar Team, único equipo galego que paticipará no Rally Dakar Arxentina – Chile. A expedición partíu ó completo cara Francia onde o xoves deberán pasar as verificacións técnicas e administrativas.

{flowplayer}images/salnes/parisdakar_251108.flv{/flowplayer} 

José López Rivas, director e piloto do Sanxenxo Dakar Team partíu xa co seu Misubisi L200 dirección Barcelona, primeira estación antes de chegar a L’Havre, en Francia, lugar onde o xoves terá que pasar as primeiras verficacións técnicas e administrativas para participar no Dakar Arxentina-Chile, que este ano sustitúe ó mítico Dakar africano debido ás amenazas terroristas que sufríu a proba na súa edición de 2008.

Antes de partir cara o seu destino, o equipo ó completo agradeceu esta mañá diante do Pazo Provincial o apoio dun dos seus principais patrocinadores, a Deputación de Pontevedra.

O coche que utilizarán é unha versión mellorada e máis fiable do que xa utilizaran en pasadas edicións. Vano necesitar, porque pese a que non se disputa en África o Raid promete ser durísimo.

As primieras etapas serán longas e exixentes, tanto polo terreo que se atoparán como pola calor que van ter que sufrir no deserto de Atacama, o máis seco do mundo. Con todo, o obxectivo volve a ser rematar a proba, que xa non é pouco.

O Sanxenxo Dakar Team embarcará co resto dos participantes o xoves destino Bos Aires, onde dará comezo o Rally o 3 de xaneiro. Dende aquí desexárlle-la mellor das sortes.

Redacción Salnés