A FEB repartirá 44 mil euros en premios durante este Nadal

    campanafeb_100_011208.jpgBARBANZA > Oito asociacións da comarca participarán na campaña de Nadal da FEB que repartirá 44 mil euros en premios.

    {flowplayer}barbanza/campanafeb.flv{/flowplayer}

    Baixo o lema ‘No Nadal merca no comercio tradicional’, a FEB acaba de poñer en marcha a décimo sexta campaña navideña que organiza a patronal comarcal. Esta ano sumáronse á iniciativa un total de oito asociaicións locais: Boiro, Pobra, Rianxo, Porto do Son, Outes, Noia, Mazaricos e Padrón.

    Así, os clientes que merquen nos establecementos destas localidades dende este luns e ata o seis de xaneiro, recibirán unha rifa por cada cinco euros de compra. Con elas optarán a vales de compra por valor de entre cen e mil euros.

    Soldos mensuais

    Á parte destes premios repartidos por cada unha das asociacións, a Federación estableceu dous premios estrela consistentes en dous soldos de 600 e 300 euros en vales de compra durante dez meses , de febreiro a novembro de 2009.

    Unha vez finalizada a campaña, está previsto que o sorteo se realice o venres día 16 de xaneiro, ás nove da noite, nas instalacións do restaurante Chicolino, en Boiro. A lista de premiados farase pública a través dos comercios participantes na campaña a partir do día seguinte ó sorteo, así como na páxina web da federación www.feba.es.

    Redacción Barbanza