Barbantia recoñece o labor cultural dos premiados cos ‘Sirenos de Bronce’

    premiosbarbantia_100_011208.jpgBARBANZA > O auditorio municipal de Ribeira foi o lugar escollido pola Asociación Cultural Barbantia para a entrega dos premios Sireno de Bronce.

    {flowplayer}barbanza/premiosbarbantia.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas, na súa maioría afíns á Asociación Cultural Barbantia, achegáronse este sábado ata o auditorio ribeirés para asistir ó acto de entrega dos premios Sirenos de Bronce, cos que a entidade pretende recoñece-lo labor das persoas que ó longo do ano máis destacaron en prol da cultura desta comarca.

    Nesta ocasión os galardoados foron o escritor rianxeiro Manuel Dourado Deira, na modalidade de traxectoria cultural; o Museo Etnográfico de Artes á mellor iniciativa cultural; e ó pintor noiés Alfonso Costa, no recoñecemento reservado para a cultura galega.

    Presentación anuario

    O acto foi aproveitado tamén por Barbantia para presenta-lo cuarto número do anuario, Estudos do Barbanza. O coordinador desta publicación, Pastor Rodríguez, explicou os traballos incluídos no Anuario, no que se recollen distintos apartados.

    Redacción Barbanza